11 de novembro de 2020

Resultados dos torneos Rosario Online

 O día 18 tivemos 6 participantes. O vencedor foi Toarri (Adrián Quevedo).

O día 17 tamén foron 6 os participantes. O vencedor foi MrrBean (David Pérez)


17 de outubro de 2020

Video do adestramento de xadrez de hoxe.

Con distancia máxima entre os participantes. No adestramento deste sábado só houbo rapaces.
Grazas a Ana polo seu vídeo.

16 de outubro de 2020

ADESTRAMENTOS PRESENCIAIS DE OUTUBRO

Este fin de semana temos algunhas actividades para os interesados:

SABADO 17

* Adestramento presencial (limitado a 6 persoas).
No Centro Comercial Los Rosales. De 17,30 a 19,00 horas.
Necesario contar con licenza federativa e inscribirse a través do whatsapp 654 60 37 16.
Non se pode asistir sen a confirmación por este mesmo medio.

* Torneo Online na Plataforma Lichess. 
Ás 19,30. Torneo de 60 minutos a ritmo de 3 minutos e 3 segundos de incremento.
https://lichess.org/tournament/UHBiFlqy
Contrasinal: ROSARIOROSALES
Trofeo para o mellor clasificado.

DOMINGO 18

* Adestramento presencial (limitado a 6 persoas).
No Centro Comercial Los Rosales. De 17,30 a 19,00 horas.
Necesario contar con licenza federativa e inscribirse a través do whatsapp 654 60 37 16.
Non se pode asistir sen a confirmación por este mesmo medio.

* Torneo Online na Plataforma Lichess. 
Ás 19,30. Torneo de 60 minutos a ritmo de 3 minutos e 3 segundos de incremento.
https://lichess.org/tournament/tiLyLmJP
Contrasinal: ROSARIOROSALES
Trofeo para o mellor clasificado.

5 de outubro de 2020

O Rei dos Xogos

A nova equipación de AGAX para as actividades co Concello da Coruña.

Que opinades?




3 de outubro de 2020

RESULTADOS TORNEOS XXXI ANIVERSARIO ABSOLUTO, SUB14 E SUB12

O portugués do equipo Torres de Loule Henrique Basilio foi o campión na categoría sub12 (a ver cando lle entregamos o trofeo). 
Dominio completo xa que disputou 11 partidas e venceu en todas elas. Tamén portugués foi o segundo clasificado, sendo o terceiro posto para Marcos Rial, do CIDU da Coruña. 
Houbo 10 anotados, pero só 8 participantes, 

Pola tarde o vencedor foi Rodrigo Pena, do Sigrás, seguido por dous xogadores do CIDU da Coruña; Brais Martínez (residente agora en Madrid) e Daniel Codesido. 
O mellor xogador sub14 foi o Andrés Fernández, no sexto posto.
Neste caso foron 13 anotados, para 10 competidores reais. 

Os torneos sub10 e sub8 quedaron pendentes dunha mellor ocasión.


2 de outubro de 2020

Un novo modelo de máscara

Aínda que as actividades presenciais parecen estar organizándose a un ritmo moito mais lento do que agardabamos, seguimos a recibir material de protección persoalizado. 


Aquí temos a máscara coa Torre de Hércules. 


Se a queres, atento ás nosas actividades!


 

30 de setembro de 2020

TORNEOS DO XXXI ANIVERSARIO

Este ano o Torneo Aniversario, que nos anos imapres recibe o nome de Copa González March, recreando a competición que se facia cada dous anos nos anos trinta do século XX, vai celebrarse de xeito online.

SÁBADO 3 DE OUTUBRO

Os tres torneos serán polo sistema area (sen berseker) cunha hora de duración e a ritmo de 3 min + 3 segundos. Si estará activado o modo de puntuación extra tras dúas vitorias consecutivas.

12:00 HORAS - CATEGORIA SUB12
Con trofeo para o mellor sub12 ( nados en 2008 ou seguintes)
https://lichess.org/tournament/Xj2Rsg8l
Contrasinal: SUB12

17,00 HORAS - CATEGORIA ABSOLUTA E SUB 14
Con trofeo para o mellor absoluto e o mellor sub 14 ( nados en 2006 ou seguintes)
https://lichess.org/tournament/xfSBl2Zz
Contrasinal: ABSOLUTA

20:00 HORAS - CATEGORIA SUB10 E SUB8
Con trofeo para o mellor sub 10 (nados en 2010 ou 2011) e o mellor sub8 ( nados en 2012 ou seguintes)
https://lichess.org/tournament/0S02PK9H
Contrasinal: SUB10

Acompañamos o video da edición do ano pasado, no que participou na clausura o mago Pedro Bugarín.



29 de setembro de 2020

XXXI Aniversario


Buscamos facer actividades presenciais pero non temos moitas oportunidades, así que a nosa actividade do XXXI Aniversario vai ser o sábado, con posibilidade de estar presencialmente pero xogándose online.

Séguenos, como aconsella Héctor.

24 de setembro de 2020

Chegou o material para as actividades

Pois despois dos trofeos xa chegaron camisolas, máscaras e algún elemento mais.

Agora será cousa de empezar a marcar actividades como tolos ata finais de ano.

A primeira serie de máscaras cunha imaxe vistosa e os logos do Concello e AGAX.

20 de setembro de 2020

Roberto Serrano recolle os trofeos da Copa AGAX Online

Este venres Roberto Serrano, xogador do CIDU, recolleu os trofeos da Copa AGAX Online, tanto do ano 2019 celebrada a final do pasado ano, como a do 2020 celebrada durante o confinamento.

Na Copa de 2020 participaron 25 xogadores, dende categoría sub10 ata absoluta, coa participación de invitados de Estados Unidos e Brasil.

A fase final quedou como segue, logrando Roberto, por tanto, imporse nas dúas edicións que tivo ista competición.





8 de setembro de 2020

Empezando cos trámites

Pois chegaron xa os trofeos para estas actividades... cerca de 50 trofeos.
A metade mais ou menos son de dous xogos de trofeos persoalizados co logo de AGAX e do Concello.
Faltan os de Sargadelos pero como poñer unha peana costaba o mesmo que as pezas, decidimos pedir trofeos e placas ao noso proveedor.
E fixemos xa o pedido para as máscaras e camisetas.
Estes días esperamos ir anunciando actividades.

7 de setembro de 2020

ACTIVIDADES CO CONCELLO 2020

Coa sinatura do convenio de actividades co Concello imos retomar as actividades desta nova "normalidade".
Neste espazo web incluiremos a xeito de memoria as actividades desenvoltas polo convenio que neste 2020 serán moitas veces online.
Pero tentaremos manter accións especiais nas datas dos torneos de sempre (Rosario, Navidad, Ludo... etc.)
Como primeira medida reabrimos os prazos de participación nos concursos de debuxo e de relatos de xadrez.

Lembra pasar por www.agax.org ou www.xogandocoxadrez.eu para estar ben informado.

2 de setembro de 2020

CONCURSO RELATOS

A Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) convoca, dentro do noso programa de actividades deste período de confinamento,  o II Certame de Contos Curtos Xadrecísticos, dacordo ás seguintes BASES:

1. Poderán participar no certame todas as persoas que o desexen, de calquera idade, con traballos en galego ou castelán. Poderán presentar un ou varios textos. O xadrez debe aparecer nos mesmos xa sexa dunha maneira principal ou secundaria.

2. Os contos serán inéditos, mellor se son elaborados nestes días especiais, e cunha extensión non superior a 2 páxinas, en formato A4 e con máximo 30 liñas por páxina.

3. As obras enviaranse en formato PDF até o día 1 de decembro de 2020 por correo electrónico a relatos@agax.org.

4. No PDF dos relatos non se incluirá o nome de remitente, que se debe aparecer no texto da mensaxe do correo.

5. AGAX determinará a composición do tribunal calificador entre xadrecistas e simpatizantes que non se presentaron ao concurso, nin eles nin familiares próximos. O fallo do xurado será inapelable.

6. Os traballos seleccionados editaranse no 2021, sendo a base do libro que anualmente edita a nosa asociación. Os traballos presentados en castelán serán traducidos ao galego para esta edición, publicándose na lingua orixinal na páxina web.

7. Ademais AGAX entregará aos autores seleccionados un lote de libros editado pola asociación, un bolígrafo e unha camiseta da entidade. O mellor dos relatos presentados recibirá tamén un trofeo conmemorativo consistente nunha peza de Sargadelos.

8. A participación no Certame supón a aceptación destas Bases.


BASES EN CASTELLANO

La Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) convoca, dentro de nuestro programa de actividades de este periodo de confinamiento,  el II Certamen de Cuentos Cortos Ajedrecísticos, con arreglo a las siguientes BASES:
1. Podrán participar en el certamen todas las personas que lo deseen, de cualquier edad, con trabajos en gallego o castellano. Podrán presentar uno o varios textos. El ajedrez debe aparecer en los mismos ya sea de una manera principal o secundaria.
2. Los cuentos serán inéditos, mejor si son elaborados en estos días especiales, y con una extensión no superior a 2 páginas, en formato A4 y con máximo 30 líneas por página.
3. Las obras se enviarán en formato PDF hasta el día 1 de diciembre de 2020 por correo electrónico a relatos@agax.org.
4. En el PDF de los relatos no se incluirá el nombre de remitente, que si debe aparecer en el texto del mensaje del correo.
5. AGAX determinará la composición del tribunal calificador entre ajedrecistas y simpatizantes que no se hayan presentado al concurso, ni ellos ni familiares próximos. El fallo del jurado será inapelable.
6. Los trabajos seleccionados se editarán en 2021, siendo la base del libro que anualmente edita nuestra asociación. Los trabajos presentados en castellano serán traducidos al gallego para esta edición, publicándose en la lengua original en la página web.
7. Además AGAX entregará a los autores seleccionados un lote de libros editado por la asociación, un bolígrafo y una camiseta de la entidad. El mejor de los relatos presentados recibirá también un trofeo conmemorativo consistente en una pieza de Sargadelos.
8. La participación en el Certamen supone la aceptación de estas Bases.

1 de setembro de 2020

CONCURSO DE DEBUXO

Hoxe é o Día das Artes Galegas, e a Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) convoca, dentro do noso programa de actividades deste período de confinamento,  o Certame de Debuxo Xadrecístico, dacordo ás seguintes BASES:

1. Poderán participar no certame todas as persoas que o desexen, de calquera idade, con traballos en branco en negro (a unha soa tinta). Poderán presentar un ou varios debuxos. O xadrez debe aparecer nos mesmos xa sexa dunha maneira principal ou secundaria.

2. Os traballos serán inéditos, mellor se son elaborados nestes días especiais, e cunha extensión non superior a un A4.

3. As obras enviaranse en formato PDF ou JPG até o día 1 de decembro de 2020 por correo electrónico a correo@agax.org.

4. O nome do autor debe debe aparecer no texto da mensaxe do correo e non na obra en si.

5. AGAX determinará a composición do tribunal calificador entre xadrecistas e simpatizantes que non se presentaron ao concurso, nin eles nin familiares próximos. O fallo do xurado será inapelable.

6. Os traballos seleccionados editaranse no 2021, sendo as ilustracións do libro que anualmente edita a nosa asociación.

7. Ademais AGAX entregará aos autores seleccionados un lote de libros editado pola asociación, un bolígrafo e unha camiseta da entidade. O mellor dos debuxos presentados recibirá tamén un trofeo conmemorativo consistente nunha peza de Sargadelos.

8. A participación no Certame supón a aceptación destas Bases.

BASES EN CASTELLANO

Hoy es el Día de las Artes de Galicia y la Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) convoca, dentro de nuestro programa de actividades de este periodo de confinamiento,  el Certamen de Dibujo Ajedrecístico, con arreglo a las siguientes BASES:
1. Podrán participar en el certamen todas las personas que lo deseen, de cualquier edad, con trabajos en blanco y negro (a una sola tinta). Podrán presentar uno o varios dibujos. El ajedrez debe aparecer en los mismos ya sea de una manera principal o secundaria.
2. Los trabajos serán inéditos, mejor si son elaborados en estos días especiales, y con una extensión no superior a un A4.
3. Las obras se enviarán en formato PDF o JPG hasta el día día 1 de diciembre de 2020 por correo electrónico a correo@agax.org.
4. El nombre del autor debe aparecer unicamente en el texto del mensaje del correo.
5. AGAX determinará la composición del tribunal calificador entre ajedrecistas y simpatizantes que no se hayan presentado al concurso, ni ellos ni familiares próximos. El fallo del jurado será inapelable.
6. Los trabajos seleccionados se editarán en 2021, constituyendo las ilustraciones del libro que anualmente edita nuestra asociación. 
7. Además AGAX entregará a los autores seleccionados un lote de libros editado por la asociación, un bolígrafo y una camiseta de la entidad. El mejor de los dibujos presentados recibirá también un trofeo conmemorativo consistente en una pieza de Sargadelos.
8. La participación en el Certamen supone la aceptación de estas Bases.

31 de agosto de 2020

II COPA AGAX ONLINE: ROBERTO SERRANO LOGRA O TITULO.

A xeito de memoria incluimos aqui o resultado da Copa AGAX na súa segunda edición que tivo 25 participantes.
O vencedor foi Roberto Serrano, seguido de Rodrigo Barbeito e o terceiro posto para o vicepresidente de AGAX Francisco García Veiras.




https://www.chess.com/tournament/ii-copa-agax-en-lina