13 de xaneiro de 2013
Xogos Escolares 2012-2013
1. Poden anotarse todos os alumnos interesados que cursen 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
2. Os xogadores deben elexir entre un dos seguintes catro torneos, segundo o que lle cadre mellor:
LUNS, NO COLEXIO LABACA
Xaneiro: 21 e 28 / Febreiro: 18 e 25 / Marzo: 4, 11 e 18
MARTES, NO COLEXIO ANXO DA GARDA
Xaneiro: 22 e 29 / Febreiro: 19 e 26 / Marzo: 5, 12 e 19
MÉRCORES, NO COLEXIO FERNÁNDEZ FLÓREZ
Xaneiro: 23 e 30 / Febreiro: 20 e 27 / Marzo: 6, 13 e 20
XOVES, NO COLEXIO MARÍA BARBEITO
Xaneiro: 24 e 31 / Febreiro: 21 e 28 / Marzo: 7, 14 e 21
VENRES, NO COLEXIO ZALAETA
Xaneiro: 25 / Febreiro: 1 e 22 / Marzo: 1, 8, 15 e 22
3. As sesións empezarán ás 16,30 horas e rematarán como moi tarde ás 18,00.
4. A primeira media hora será para explicación dalgún aspecto do xadrez e a resolución dunha pequena ficha didáctica.
5. Ás 17,00 empezará unha partida. So se disputará unha partida cada día e o alumno poderá marchar ao remate da mesma. En principio as partidas son sen reloxo de xadrez, mais os organizadores poderán facer uso do mesmo se ao seu xuizo é necesario para rematar na hora indicada.
6. Acabados estes cinco torneos iniciais, a intención é a de facer un torneo posterior con todos os xogadores xuntos.
7. AGAX sorteará unha consola PlayStation3 entre os participantes. As condicións do sorteo se darán a coñecer antes do inicio dos Torneos nesta web e premiarán a participación, os puntos obtidos, a participación noutras actividades e o comportamento dos participantes.
8. Para a mellor difusión da proba, os membros de AGAX facilitarán listas de clasificacións cos nomes dos participantes e fotos realizadas nas actividades. A inscripción nos torneos supón a aceptación do uso de listas e fotos para a difusión do evento. Se existira algún problema coa difusión do nome e/ou fotos os pais deben avisar á organización desta circunstancia.
12 de xaneiro de 2013
Inscribirse nos Torneos
Poden participar nos torneos do curso 2012-2013 os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
Os de cursos inferiores poden anotarse se posúen experiencia en competicións de xadrez.
Aínda que é unha actividade pensada básicamente para alumnos dos colexios públicos da Coruña, poden anotarse tamén alumnos doutros centros de ensino da Coruña e tamén de centros educativos doutros concellos.
Cada alumno pode escoller o colexio e día que mais conveña pero non pode anotarse en mais dun torneo.
Para anotarse hai que facilitar os seguintes datos:
Nome e apelidos
Curso
Colexio
Torneo no que se inscribe
As inscripcións poden facerse no correo electrónico correo@agax.org ou no teléfono 981 150 168, en horario de 11,00 a 19,00.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)