17 de outubro de 2020

Video do adestramento de xadrez de hoxe.

Con distancia máxima entre os participantes. No adestramento deste sábado só houbo rapaces.
Grazas a Ana polo seu vídeo.

16 de outubro de 2020

ADESTRAMENTOS PRESENCIAIS DE OUTUBRO

Este fin de semana temos algunhas actividades para os interesados:

SABADO 17

* Adestramento presencial (limitado a 6 persoas).
No Centro Comercial Los Rosales. De 17,30 a 19,00 horas.
Necesario contar con licenza federativa e inscribirse a través do whatsapp 654 60 37 16.
Non se pode asistir sen a confirmación por este mesmo medio.

* Torneo Online na Plataforma Lichess. 
Ás 19,30. Torneo de 60 minutos a ritmo de 3 minutos e 3 segundos de incremento.
https://lichess.org/tournament/UHBiFlqy
Contrasinal: ROSARIOROSALES
Trofeo para o mellor clasificado.

DOMINGO 18

* Adestramento presencial (limitado a 6 persoas).
No Centro Comercial Los Rosales. De 17,30 a 19,00 horas.
Necesario contar con licenza federativa e inscribirse a través do whatsapp 654 60 37 16.
Non se pode asistir sen a confirmación por este mesmo medio.

* Torneo Online na Plataforma Lichess. 
Ás 19,30. Torneo de 60 minutos a ritmo de 3 minutos e 3 segundos de incremento.
https://lichess.org/tournament/tiLyLmJP
Contrasinal: ROSARIOROSALES
Trofeo para o mellor clasificado.

5 de outubro de 2020

O Rei dos Xogos

A nova equipación de AGAX para as actividades co Concello da Coruña.

Que opinades?




3 de outubro de 2020

RESULTADOS TORNEOS XXXI ANIVERSARIO ABSOLUTO, SUB14 E SUB12

O portugués do equipo Torres de Loule Henrique Basilio foi o campión na categoría sub12 (a ver cando lle entregamos o trofeo). 
Dominio completo xa que disputou 11 partidas e venceu en todas elas. Tamén portugués foi o segundo clasificado, sendo o terceiro posto para Marcos Rial, do CIDU da Coruña. 
Houbo 10 anotados, pero só 8 participantes, 

Pola tarde o vencedor foi Rodrigo Pena, do Sigrás, seguido por dous xogadores do CIDU da Coruña; Brais Martínez (residente agora en Madrid) e Daniel Codesido. 
O mellor xogador sub14 foi o Andrés Fernández, no sexto posto.
Neste caso foron 13 anotados, para 10 competidores reais. 

Os torneos sub10 e sub8 quedaron pendentes dunha mellor ocasión.


2 de outubro de 2020

Un novo modelo de máscara

Aínda que as actividades presenciais parecen estar organizándose a un ritmo moito mais lento do que agardabamos, seguimos a recibir material de protección persoalizado. 


Aquí temos a máscara coa Torre de Hércules. 


Se a queres, atento ás nosas actividades!


 

30 de setembro de 2020

TORNEOS DO XXXI ANIVERSARIO

Este ano o Torneo Aniversario, que nos anos imapres recibe o nome de Copa González March, recreando a competición que se facia cada dous anos nos anos trinta do século XX, vai celebrarse de xeito online.

SÁBADO 3 DE OUTUBRO

Os tres torneos serán polo sistema area (sen berseker) cunha hora de duración e a ritmo de 3 min + 3 segundos. Si estará activado o modo de puntuación extra tras dúas vitorias consecutivas.

12:00 HORAS - CATEGORIA SUB12
Con trofeo para o mellor sub12 ( nados en 2008 ou seguintes)
https://lichess.org/tournament/Xj2Rsg8l
Contrasinal: SUB12

17,00 HORAS - CATEGORIA ABSOLUTA E SUB 14
Con trofeo para o mellor absoluto e o mellor sub 14 ( nados en 2006 ou seguintes)
https://lichess.org/tournament/xfSBl2Zz
Contrasinal: ABSOLUTA

20:00 HORAS - CATEGORIA SUB10 E SUB8
Con trofeo para o mellor sub 10 (nados en 2010 ou 2011) e o mellor sub8 ( nados en 2012 ou seguintes)
https://lichess.org/tournament/0S02PK9H
Contrasinal: SUB10

Acompañamos o video da edición do ano pasado, no que participou na clausura o mago Pedro Bugarín.



29 de setembro de 2020

XXXI Aniversario


Buscamos facer actividades presenciais pero non temos moitas oportunidades, así que a nosa actividade do XXXI Aniversario vai ser o sábado, con posibilidade de estar presencialmente pero xogándose online.

Séguenos, como aconsella Héctor.

24 de setembro de 2020

Chegou o material para as actividades

Pois despois dos trofeos xa chegaron camisolas, máscaras e algún elemento mais.

Agora será cousa de empezar a marcar actividades como tolos ata finais de ano.

A primeira serie de máscaras cunha imaxe vistosa e os logos do Concello e AGAX.