En abril teremos un torneo cada un dos días.
O primeiro dos días de xogo, este venres 17 ás 18,00 horas o faremos cun xadrez lúdico; o xadrez en progresión.
No xadrez en progresión temos que ter en conta que o peón móvese de forma distinta segundo avanza.
Cando está na quinta fila deixa de mover como un peón e move como se fose un Rei.
Se está na sexta fila move como se fose un Bispo.
Se está na sétima fila move como se fose unha Torre.
Se está na oitava fila move como se fose unha Dama.
Veremos como os participantes se adaptan a estas normas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario