Xa vos podemos confirmar que a Xornada de Clausura de Xadrez, prevista para o vindeiro venres 24 de abril, se transladará á Praza de María Pita, e máis concretamente, baixo os soportais do Concello.
Na devandita Xornada, e no horario habitual da actividade (de 18 a 20h), disputarase un Torneo de partidas rápidas, e á finalización do mesmo, procederase á entrega das medallas conmemorativas de participación nos Xogos Escolares 2014-2015, a todos os xogadores.
"Clausura de Xadrez Xogos"
Data: Venres 24 de abril
Hora: De 18:00 a 20:00h
Lugar: Praza de María Pita
Doutra banda, adiantámosvos que esta xornada nos emprazará para a GALA DE XOGOS ESCOLARES, do xoves 7 de maio, onde se fará entrega de trofeos aos vencedores finais de cada modalidade e categoría deportiva. Para ese efecto, entregarase unha "Nota Informativa" a todos os participantes, para que poidan proceder a confirmar o seu reserva de asistencia ao Acto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario