Nas actividades do primeiro semestre de 2013 realizaremos un sorteo de Play Station 3 entre os participantes das diferentes actividades de primaria.
NORMAS DO SORTEO
1. Poden participar todos os asistentes ás actividades de AGAX celebradas en colexios e/ou para escolares de infantil ou primaria.
2. O sorteo realizarase na derradeira actividade do curso 2012-2013 e, en calquera caso antes do 30 de xuño de 2013. Será publicada a data concreta no mes de maio de 2013.
3. Os asitentes ás actividades recibirán rifas para o sorteo do xeito indicado ao final das presentes normas. AGAX irá indicando as actividades que darán dereito a obter rifas, as condicións para obtelas e o número das mesmas.
4. O premio principal do sorteo será unha Play Station 3, existindo 10 premios menores consistentes nun xogo de bolígrafo e chaveiro de AGAX.
5. A Xunta Directiva de AGAX é a única competente para decidir sobre aspectos non previstos nas seguintes bases.
6. Os números gañadores serán publicados nas webs de AGAX e os gañadores terán ata o inicio da seguinte temporada (30 de agosto de 2013) para recoller os premios en caso de non estar presentes no sorteo.
7. Non se poden comprar rifas. As rifas son gratuítas como premio á participación en actividades ou ser socio da entidade.
Anexo - Obtención de Rifas.
1. PRIMEIRA FASE DE XOGANDO CO XADREZ.
(Actividades nos colexios Labaca, Anxo da Garda, Fernández Flórez, María Barbeito e Zalaeta.)
- Os correctamente inscritos e que asistan ao menos a tres das clases recibirán unha rifa por cada un dos días nos que participen e no que teñan unha actitude correcta.
- Nas partidas dos torneos que se desenvolven en cada centro recibirán unha rifa por cada partida xogada sempre que se cumplan estas tres condicións: non perder antes de 10 minutos, non perder antes de 10 xogadas e ter bo comportamento durante a clase. O fallo en calquera destas condicións suporá non ter dereito á rifa, o que determinará o monitor.
- Unha rifa por cada punto conseguido no Torneo, sempre que haxa bo comportamento na clase.
(Deste xeito é posible obter ata tres rifas nun só día de actividade).
2. SOCIOS DE AGAX.
Os socios de AGAX de infantil e primaria recibirán 4 rifas para o sorteo no momento de facerse socios.
3. TORNEO ESCOLAR DE CAMBRE.
Aqueles participantes da cmapaña Xogando co Xadrez, que xoguen o Torneo Escolar de Cambre o 10 e 17 de marzo, inscribíndose a través de AGAX recibirán tamén 4 rifas para o sorteo se asisten a todas as roldas.
4. TORNEO ESCOLAR - SEGUNDA FASE.
Aqueles que participaron na segunda fase do Torneo Escolar recibirán 2 rifas.
5. SEGUNDA FASE DE XOGANDO CO XADREZ.
(Torneo no Palacio dos Deportes)
- Os correctamente inscritos que asistan ao menos a dúas das tres xornadas recibirán unha rifa por cada unha das partidas nas que participen e sempre que teñan unha actitude deportiva e correcta e non perdan antes de 10 minutos.
- Tamén recibirán unha rifa por cada punto conseguido no Torneo, sempre que teñan bo comportamento.
6. TORNEO ANIVERSARIO DE AGAX.
(Torneo no Sporting Club Casino o 16 de xuño pola tarde)
- Os rapaces de primaria correctamente inscritos que asistan a todas as partidas recibirán unha rifa por cada partida xogada e unha mais por cada punto.
Estas serán as actividades nas que se fará reparto de rifas. O sorteo terá lugar o 16 de xuño ao remate do Torneo Aniversario de AGAX.
Ningún comentario:
Publicar un comentario